DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 17 de xuño de 2009 Páx. 10.482

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2009 pola que se dá publicidade á relación de vivendas de promoción pública descualificadas en virtude do disposto na disposición derradeira primeira da Lei 18/2008, do 29 de decembro, de vivenda de Galicia.

A Lei 18/2008, do 29 de decembro, de vivenda de Galicia (DOG nº 13, do 20 de xaneiro de 2009), que entrou en vigor o 20 de abril de 2009, na súa disposición derradeira primeira, baixo o título de descualificación, establece que terán a condición de vivendas libres para todos os efectos as vivendas sometidas a calquera réxime de protección con anterioridade ao 31 de decembro de 1977, e deberase proceder, de oficio, á cancelación rexistral das anotacións relativas ao réxime de protección, facéndose constar en nota na marxe a perda da condición de vivenda protexida.

Polo exposto, procede dar publicidade á relación dos grupos de vivendas de promoción pública correspondentes ao ámbito competencial da Comunidade Autónoma de Galicia cuxo réxime de protección quedou extinguido por transcorrer o seu prazo e ao abeiro do disposto na disposición derradeira da dita lei.

En virtude do anteriormente exposto,

RESOLVO:

Único.-Dar publicidade á relación dos grupos de vivendas de promoción pública descualificadas e que adquiriron a condición de libres para todos os efectos por ter extinguido o réxime de protección e en atención ao establecido na disposición derradeira primeira da Lei 18/2008, do 29 de decembro, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2009.

P.D. (Resolución 14-5-2009)

Antonio Boné Pina

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda

e Solo

Ver referencia pdf "11700D031P054.PDF"