DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 17 de xuño de 2009 Páx. 10.481

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA CALIDADE ALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2009 pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo 130/2009, interposto polo Colexio Oficial de Veterinarios da Coruña.

A Consellería do Medio Rural recibiu do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 da Coruña, providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo número 130/2009, interposto polo Colexio Oficial de Veterinarios da Coruña contra a Resolución do 11 de febrero de 2009, do presidente do Instituto Galego da Calidade Alimentaria, Ingacal, pola que se desestimaba o recurso de reposición interposto contra a Resolución do 23 de decembro de 2008 relativa á convocatoria de once prazas de persoal laboral fixo e pola que se aproban as bases da devandita convocatoria.

En consecuencia, este ente público acordou nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do expediente administrativo ao referido xulgado, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como demandados nos autos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 da Coruña no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2009.

Alfonso Ribas Álvarez

Secretario técnico do Instituto Galego da Calidade Alimentaria