DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 17 de xuño de 2009 Páx. 10.481

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DO MAR

CÉDULA do 27 de maio de 2009, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se fai pública unha relación de notificacións de resolucións de expedientes sancionadores (PESAN1 2008/001950-1 e outro máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan as resolucións dos expedientes instruídos por infracción da Lei 8/2004, do 30 de xullo, de protección, control, infraccións e sancións en materia marítimo-pesqueira de Galicia (DOG nº 162, do 20 de agosto).

Os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto, para examinaren o expediente e interpoñeren, dentro do prazo que en cada caso se estableza, o recurso pertinente.

Os expedientes relacionados a seguir atópanse á disposición dos interesados no citado Departamento Territorial da Coruña; r/ Ramón y Cajal, s/n, 5º andar.

Nº de expediente: PESAN1 2008/001950-1.

Denunciado: José René Rodríguez Pérez.

DNI: 76779649-Z.

Enderezo: rúa de Arriba, 8, Rianxo.

Precepto infrinxido: 11.2º.

Sanción: 301 euros.

Nº de expediente: PESAN1 2008/001951-1.

Denunciado: José René Rodríguez Pérez.

DNI: 76779649-Z.

Enderezo: rúa de Arriba, 8, Rianxo.

Precepto infrinxido: 11.2º.

Sanción: 301 euros.

De conformidade co previsto na orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG nº 235, do 5 de decembro), os importes das devanditas sancións deberán ser aboados nos prazos que establece o Regulamento xeral de recadación, ou en caso contrario procederase, sen máis trámite, ao seu cobramento pola vía de constrinximento regulamentaria. Para o pagamento en período voluntario os interesados deberán recoller no antedito departamento territorial da Consellería do Mar o documento de ingreso correspondente.

A Coruña, 27 de maio de 2009.

María Amaia Sarratea Andueza

Xefa territorial da Coruña