En cumprimento do disposto nos artigos 137 e 138 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, faise pública a adxudicación definitiva do seguinte contrato administrativo:
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.
b) Dependencia que tramitou o expediente: a extinta Dirección Xeral de Acción Social (Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar).
c) Número de expediente: P.A. 17/2009.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo de contrato: administrativo especial.
b) Descrición do obxecto: xestión do programa de Turismo Social 2009.
c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 68, do 8 de abril de 2009.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
4. Orzamento base de licitación ou canon de explotación. Importe total: trescentos trece mil corenta euros con sesenta e dous céntimos, IVE incluído (313.040,62 ).
5. Adxudicación:
a) Data: 19-5-2009.
b) Contratista: Fundación de Estudios e Análises (Fesan).
c) Nacionalidade: española.
d) Importe de adxudicación: trescentos trece mil corenta euros con sesenta e dous céntimos, IVE incluído (313.040,62 ).
Santiago de Compostela, 25 de maio de 2009
Cristina Ortiz Dorda
Secretaria xeral da Consellería de Traballo
e Benestar