DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 17 de xuño de 2009 Páx. 10.480

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO

ANUNCIO do 25 de maio de 2009, do Servizo de Vixilancia e Inspección do Patrimonio Cultural, polo que se notifica a resolución de caducidade do expediente sancionador S-P-117.07, en materia de protección do patrimonio cultural de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo a resolución de caducidade do expediente sancionador S-P-117.07 por infracción da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Cultura e Turismo no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Os interesados poderán examinar o expediente no Servizo de Patrimonio Cultural da Delegación Provincial da Consellería de Cultura e Turismo en Pontevedra.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2009.

Roberto Pena Puentes

Xefe do Servizo de Vixilancia e Inspección

do Patrimonio Cultural

ANEXO

Nº de expediente: S-P-117.07.

Interesado: Juan José Díaz Mosquera.

Último enderezo coñecido: rúa O Panasco, 32. Nigrán (Pontevedra).

Feitos imputados: realización de obras na edificación sita na rúa Mariñeiro nº 21, no concello de Baiona (Pontevedra), sen a previa e preceptiva autorización da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

Tipificación: artigo 91.h) da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

Precepto sancionador: artigo 95 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.