DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 17 de xuño de 2009 Páx. 10.479

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2009, do Departamento Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 09/44-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Pazos.

Situación: concello de San Cibrao das Viñas.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV de 280 m con condutor tipo R.H.Z.1 e orixe na L.M.T. existente ao C.T. Loiro (na cal se colocara un apoio para o paso de aéreo a subterráneo) e remate no C.T. proxectado prefabricado Pazos de 160 kVA e R/T 20.000/40-230 V. R.B.T. aerosubterránea de 498 m en aéreo, con condutor R.Z. e 30 m en subterráneo con condutor X.Z.1, derivada do C.T. proxectado pazo. R.B.T. aérea de 246 m con condutor R.Z. derivada do C.T. existente de Loiro. Orzamento: 72.441,94 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións neste departamento territorial no prazo de vinte días.

Ourense, 21 de maio de 2009.

Gabriel Diéguez Domínguez

Xefe territorial de Ourense