DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 17 de xuño de 2009 Páx. 10.476

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2009, do Departamento Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 08/208-2, 7383 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa.

Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle, Ourense.

Denominación: liña de media tensión subterránea saída subestación Friol-Sobrado-Toques.

Situación: concello de Friol.

Características técnicas:

-Liña de media tensión subterránea a 20 kV con orixe nunha cela de liña existente na subestación de Friol, e final no paso aerosubterráneo proxectado no apoio existente nº 180297-10-1 pertencente á saída FRO-805 da subestación de Friol, cunha lonxitude de 2.243 metros, en condutor R.H.Z.1-240.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións neste departamento territorial no prazo de vinte días.

Lugo, 19 de maio de 2009.

José Luis Somoza Digón

Xefe territorial de Lugo