DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 17 de xuño de 2009 Páx. 10.475

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 2009, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 08/31).

Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T., R.B.T. Pazo-Bomba.

Situación: concello de Abegondo.

Características técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea (L.M.T.S.) a 15/20 kV, cunha lonxitude de 881 m, con condutor tipo R.H.Z.1 12/20 kV 3 (1×240) mm2 Al, con orixe na liña existente en C.T. Limiñón-Barral (expediente IN407A 2005/278), e final no C.T. Pazo-Bomba proxectado.

Centro de transformación (C.T.) prefabricado, cunha potencia de 160 kVA e relación de transformación de 15/0,4-0,23 kV.

Liña de baixa tensión aérea (R.B.T.A.), cunha lonxitude total de 530 m, con orixe no apoio nº 1 existente, con condutor R.Z. e sobre apoios de formigón.

Rede de baixa tensión subterránea (R.B.T.S.), con orixe no C.T. proxectado, cunha lonxitude de 42 m, con condutor tipo X.Z.1 0,6/1 kV 4 (1×240 Al). Concello de Abegondo.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, este departamento territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 18 de maio de 2009.

José Luis Suárez Cerviño

Xefe territorial da Coruña