Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S., C.T. avda. de Fisterra, nº 23.
Situación: concello de Arteixo.
Características técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea, a 20 kV, cunha lonxitude de 328 m, con orixe na L.M.T. alimentación ao C.T. polígono de Sabón, parcela A (expediente 881/01) e final no C.T. polígono de Sabón, parcela A e B, unha vez entre e saia do C.T. proxectado, en condutor tipo R.H.Z.1-OL 3×1×240 mm2.
Centro de transformación non prefabricado, cunha potencia de 630 kVA e relación de transformación de 20.000/400-230 V. Concello de Arteixo.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, este departamento territorial resolve:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
A Coruña, 15 de maio de 2009.
José Luis Suárez Cerviño
Xefe territorial da Coruña