DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 17 de xuño de 2009 Páx. 10.474

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2009, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 09/41).

Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: recuamento C.T. Terraza e canalizacións r/ da Ponte e avda. da Mariña.

Situación: concello de Sada.

Características técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 48 m, con orixe e final en empalmes que se realizarán na L.M.T.S., PED-704, tramo entre C.T. Linares Rivas, 29-31, e o C.T. Praciña do Conde, nº 3, condutor tipo R.H.Z.1 12/20 kV 3 (1×240) Al.

Centro de transformación prefabricado, cunha potencia de 630 kVA e relación de transformación de 15.000/400-230 V.

Rede de baixa tensión subterránea con orixe no C.T. Terraza proxectado de 83 m de lonxitude e en condutor X.Z.1. Concello de Sada.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, este departamento territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 15 de maio de 2009.

José Luis Suárez Cerviño

Xefe territorial da Coruña