DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 17 de xuño de 2009 Páx. 10.473

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

ACORDO do 14 de maio de 2009, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 09/189).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.S., R.B.T. Paseo Marítimo.

Situación: A Coruña.

Características técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea a 15 kV, cunha lonxitude de 26 m, con orixe na L.M.T.S. EPU-709 Matadero, entre os C.T. As Lagoas e rolda de Monte Alto, 198, condutor tipo R.H.Z.1-12/20 kV-3 (1×240) Al, e final no C.T. Paseo Marítimo proxectado.

Centro de transformación non prefabricado, cunha potencia de 630 kVA e relación de transformación de 15.000/400-230 V.

Rede de baixa tensión subterránea, cunha lonxitude de 498 m, con orixe no C.T. Paseo Marítimo proxectado, condutor X.Z.1. Concello da Coruña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións neste departamento territorial, situado no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 14 de maio de 2009.

José Luis Suárez Cerviño

Xefe territorial da Coruña