DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 17 de xuño de 2009 Páx. 10.472

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

ACORDO do 14 de maio de 2009, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 09/184).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T., R.B.T. Biduído de Arriba.

Situación: Ames.

Características técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 870 m, con orixe e final na L.M.T. SNT-809 Bertamiráns II, condutor tipo R.H.Z.1-12/20 kV-3 (1×240) Al.

Centro de transformación prefabricado, cunha potencia de 250 kVA e relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Rede de baixa tensión subterránea, cunha lonxitude de 0,349 m, con orixe no C.T. proxectado, condutor tipo X.Z.1.

Liña de baixa tensión aérea, cunha lonxitude de 470 m, con orixe en empalmes coas R.B.T. subterráneas proxectadas do C.T.C. Biduído de Arriba, condutor tipo R.Z. Concello de Ames.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións neste departamento territorial, situado no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 14 de maio de 2009.

José Luis Suárez Cerviño

Xefe territorial da Coruña