DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 17 de xuño de 2009 Páx. 10.472

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

ACORDO do 14 de maio de 2009, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 09/138).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T. r/ Gumersindo Pereira Nouche, s/n, O Burgo.

Situación: Culleredo.

Características técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea a 15 kV, cunha lonxitude de 66 m, con orixe e final na L.M.T. SMC-718, tramo entre C.T. Fernando Traba-Acea de Ama e C.T. Visitación Encina, 18, unha vez entre e saia no C.T. proxectado, en condutor R.H.Z.1-OL 3×1×240 mm2.

Centro de transformación en edificio, cunha potencia de 400 kVA e relación de transformación de 15.000/400-230 V. Concello de Culleredo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións neste departamento territorial, situado no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 14 de maio de 2009.

José Luis Suárez Cerviño

Xefe territorial da Coruña