DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 17 de xuño de 2009 Páx. 10.469

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

ORDE do 1 de xuño de 2009 pola que se convoca a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

De conformidade co establecido no artigo 29.2º do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 17.4º da mesma lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo que se indica no anexo I.

Segundo.-Poderán concorrer a el os funcionarios de carreira que reúnan as condicións sinaladas no anexo I.

Terceiro.-As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Traballo e Benestar (edificio administrativo San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela), nas súas delegacións provinciais ou nas oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo que se inclúe no anexo II.

Cuarto.-Os aspirantes deberán unirlle á petición un curriculum vitae e xustificar mediante certificación ou copia compulsada os méritos que aleguen.

Quinto.-Esta convocatoria será resolta pola Consellería de Traballo e Benestar. No caso de que resulte seleccionado para ocupar o posto de traballo que se anuncia no anexo I desta orde un funcionario con destino noutra Administración ou que estea nesta comunidade autónoma como consecuencia dunha comisión de servizos concedida conforme o disposto na disposición transitoria oitava, punto 4º, da Lei 30/1984, do 2 de agosto, requirirase informe favorable da Administración de orixe que, de non emitirse no prazo de 15 días naturais e tal como dispón o artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, considerarase favorable. Unha vez tramitado o seu traslado a esta comunidade autónoma, procederase á adxudicación do posto para o que foi seleccionado.

Sexto.-A resolución desta convocatoria farase pública no DOG, e poderá declararse deserto o posto de traballo, de considerarse oportuno.

Sétimo.-O prazo de toma de posesión será de tres días, se o destino anterior está na mesma localidade do novo destino, e dun mes, se está en localidade distinta ou comporta o reingreso ao servizo activo.

O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ao do cesamento, que deberá producirse dentro dos tres días seguintes ao da publicación no DOG, ou desde a data na que se comunique a resolución do traslado á comunidade autónoma, para o caso de funcionarios doutras administracións públicas.

Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG.

Oitavo.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2009.

Beatriz Mato Otero

Conselleira de Traballo e Benestar

ANEXO I

Denominación do posto: subdirector/a xeral de Formación Ocupacional e Continua.

Código: TR.C04.00.001.15770.001.

Nivel: 30.

Complemento específico: 21.320,17.

Grupo: A1.

Corpo/escala: xeral.

Tipo de adscrición: A11.

Formación específica: 640.

Dependencia: Dirección Xeral de Formación e Colocación.

Localidade: Santiago de Compostela.

-Descrición códigos de adscrición ás administracións públicas:

A11: adscrición indistinta a funcionarios da Administración da Xunta de Galicia, Administración do Estado, Administración de comunidades autónomas.

-Descrición códigos de formación específica:

640: para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (requisito indispensable).

Ver referencia pdf "11700D012P041.PDF"