DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 17 de xuño de 2009 Páx. 10.469

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 4 de xuño de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas ás explotacións gandeiras, industrias agroalimentarias e establecementos de xestión de subprodutos para a mellora da capacidade técnica de xestión de subprodutos de orixe animal non destinados a consumo humano, e se convocan para o ano 2009 (Diario Oficial de Galicia número 112, do 10 de xuño).

Advertidos erros na Orde do 4 de xuño de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas ás explotacións gandeiras, industrias agroalimentarias e establecementos de xestión de subprodutos para a mellora da capacidade técnica de xestión de subprodutos de orixe animal non destinados ao consumo humano, e se convocan para o ano 2009, cómpre facer a seguinte corrección.

Na páxina 9.957, no artigo 30º-Financiamento para o ano 2009, onde di: «As axudas reguladas nesta orde estarán financiadas no exercicio 2009 con cargo á aplicación orzamentaria 2009 11 03 713E 7704 da Lei de orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2009, por un importe de 1.714.319,84 euros sen prexuízo de poder utilizar outros remanentes dispoñibles e da ampliación da dotación orzamentaria da orde», debe dicir: «As axudas reguladas nesta orde estarán financiadas no exercicio 2009 con cargo á aplicación orzamentaria 2009 11 03 713E 7700 da Lei de orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2009, por un importe de 30.000 euros sen prexuízo de poder utilizar outros remanentes dispoñibles e da ampliación da dotación orzamentaria da orde».