DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 17 de xuño de 2009 Páx. 10.468

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2009 pola que se anuncia a adxudicación de quince bolsas de estadías para investigadores de fóra da Comunidade Autónoma de Galicia e a súa colaboración en proxectos de investigación no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, convocadas por Resolución do 2 de marzo de 2009 (Diario Oficial de Galicia número 46, do 6 de marzo).

Con sustentación na proposta contida na acta da sesión levada a cabo o día 3 de xuño de 2009 pola comisión seleccionadora para a adxudicación de bolsas de estadías para investigadores de fóra da Comunidade Autónoma de Galicia e a súa colaboración en proxectos de investigación no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, segundo a convocatoria anunciada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística no DOG número 46, do 6 de marzo de 2009, e de conformidade co establecido na base sexta da referida orde de convocatoria, esta secretaría

RESOLVE:

Primeiro.-Conceder quince bolsas de estadías para investigadores de fóra da Comunidade Autónoma de Galicia para a súa colaboración en proxectos de investigación no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, segundo se detallan no anexo desta resolución.

No caso de producirse algunha renuncia, poderá serlle adxudicada a mencionada bolsa a outro candidato ou candidata, se o houber, de acordo coa relación de suplentes que se inclúe no anexo a esta resolución.

Segundo.-De acordo co establecido na base segunda da convocatoria, a asignación mensual das bolsas a que se refire o punto anterior será de 850 euros, coa retención fiscal que corresponda.

Terceira.-Contra esta resolución, que lle pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a Secretaría Xeral de Política Lingüística no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto na Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente, recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, conforme se establece na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2009.

Anxo M. Lorenzo Suárez

Secretario xeral de Política Lingüística

Ver referencia pdf "11700D010P040.PDF"