DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 17 de xuño de 2009 Páx. 10.448

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 2009, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se comunican os lugares de publicación das listas definitivas de solicitudes admitidas e excluídas presentadas ao abeiro do punto sétimo, letra b), da Resolución do 1 de abril de 2005 pola que se ordena a publicación do acordo entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e as organizacións patronais e sindicais do ensino privado concertado da Comunidade Autónoma de Galicia sobre a paga extraordinaria por antigüidade na empresa, recibidas a partir do 28 de outubro de 2008.

Rematado o prazo de presentación de reclamacións previsto na Resolución do 15 de abril de 2009, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se comunican os lugares de publicación das listas provisionais de solicitudes admitidas e excluídas presentadas ao abeiro do punto sétimo, letra b), da Resolución do 1 de abril de 2005 pola que se ordena a publicación do acordo entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e as organizacións patronais e sindicais do ensino privado concertado da Comunidade Autónoma de Galicia sobre a paga extraordinaria por antigüidade na empresa, recibidas a partir do 28 de outubro de 2008, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria,

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas no taboleiro de anuncios dos servizos centrais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e nos dos seus departamentos territoriais, así como na páxina web desta consellería, as listas definitivas de solicitudes admitidas e excluídas presentadas ao abeiro do punto sétimo, letra b), da citada Resolución do 1 de abril de 2005, recibidas a partir do 28 de outubro de 2008, e que cumpren os requisitos do acordo dentro do prazo de vixencia deste, así como as reclamacións estimadas e desestimadas.

Segundo.-Informar de que contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán formalizar demanda ante o xulgado do social do lugar de prestación dos servizos ou o do domicilio dos demandantes, á elección destes. A esta demanda xuntaranlle copia da resolución denegatoria, unindo copia de toda a documentación para a entidade demandada, advertíndolles que non terá efecto a reclamación se os interesados non presentaron a demanda ante o xulgado no prazo de dous meses contados desde a notificación da resolución, conforme o disposto nos artigos 10, 69, seguintes e concordantes do Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril, polo que se aproba o texto refundido da Lei de procedemento laboral (BOE do 11 de abril).

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2009.

José Manuel Pinal Rodríguez

Director xeral de Centros e Recursos Humanos