DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 16 de xuño de 2009 Páx. 10.428

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de exposición pública.

A Xunta de Goberno Local do Concello de Santiago de Compostela, na sesión que tivo lugar o día 5 de maio de 2009, acordou iniciar o procedemento de expropiación, por taxación conxunta, e aprobar o proxecto técnico de expropiación para a execución do proxecto de obras de seguridade viaria. Remodelación de enlace de acceso ao polígono do Tambre, estrada N-550 p.k. 57,80.

Bens que se expropiarán:

O terreo que se expropiará ten unha superficie de 82,55 m2, forma parte da parcela de referencia catastral 97709701NH3590H e sitúase ao suroeste do nó de acceso ao polígono do Tambre, concretamente na marxe dereita do carril de saída do polígono e de incorporación á N-550, avda. Cruceiro da Coruña, en dirección a Santiago.

Consta como propietario catastral, a salvo do que resulte do Rexistro da Propiedade, Santiago Víctor García Baliña.

En cumprimento do disposto no artigo 143 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o concello expón ao público o dito proxecto de expropiación, co fin de que, durante o prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, no BOP e nun xornal dos de maior circulación da provincia ou desde a notificación individual, se esta fose posterior, os interesados poidan formular as observacións e reclamacións que consideren convenientes, en particular o que atinxe a titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.

Calquera interesado que poida resultar titular de dereitos de arrendamento ou calquera outro sobre os bens obxecto de expropiación deberá comparecer no expediente acreditando debidamente a súa condición e dereito, co fin de que poida abrirse expediente incidental para determinar a indemnización que, de ser o caso, lle corresponda.

Este anuncio servirá de edicto de notificación, de acordo co previsto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXAP e PAC), aos propietarios que a seguir se relacionan:

Termo municipal: Santiago de Compostela.

Situación: avda. Cruceiro da Coruña.

Ref. catastral Titular catastral Titular rexistral

9709701NH3 García Baliñas, Santiago García Baliñas,

Santiago

590H0001YS Valiño Espiñeira, María del Pilar Valiño Espiñeira, María del Pilar

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2009.

O alcalde

Rubricado