DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 16 de xuño de 2009 Páx. 10.427

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO de licitación. (Expediente 580/08).

Resolución da Xunta de Goberno local do Concello de Ourense do 7 de maio de 2009 para a contratación da subministración de 140 ordenadores para a renovación do parque ofimático do Concello de Ourense.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Número de expediente: 580/08.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: contratación da subministración de 140 ordenadores para a renovación do parque ofimático do Concello de Ourense.

b) Lugar: Ourense.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: o custo total da licitación é de 120.689,66 euros, máis 19.310,34 euros de IVE, facendo un total de 140.000 euros.

5. Garantías:

a) Provisional: os licitadores deberán presentar unha garantía provisional por importe do 3% do prezo de licitación.

b) Definitiva: o adxudicatario deberá constituír unha fianza definitiva equivalente ao 5% do prezo de adxudicación, IVE excluído.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Servizo de Contratación.

b) Domicilio: praza Maior, nº 1.

c) Localidade e código postal: Ourense (32005).

d) Teléfono: 988 39 30 41.

e) Páxina web: www.ourense.es

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o fin do prazo de presentación de proposicións.

7. Recollida de documentación:

Web: www.ourense.es

8. Requisitos específicos do contratista: os especificados no punto 3 do prego de cláusulas administrativas.

9. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: quince días naturais contados a partir do seguinte a aquel no que apareza o último anuncio no BOP e Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 4 do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Ourense, sito na praza Maior, nº 1, Ourense (32005) das 9.00 ás 13.00 horas.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses desde a recepción das ofertas.

10. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Concello de Ourense, no salón de sesións.

b) Domicilio: praza Maior, nº 1.

c) Data: o quinto día hábil seguinte ao que remate o de presentación de proposicións, ás 11.45 horas.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Ourense, 15 de maio de 2009.

Francisco Rodríguez Fernández

Alcalde