DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 16 de xuño de 2009 Páx. 10.426

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO de información pública.

Gas Natural Distribución SDG, S.A. solicitou desta alcaldía licenza municipal para a instalación de planta satélite de gas natural líquido (GNL) para apoio á rede de Lugo de MOP=16 bar, no Vilar (Santalla de Cuíña).

En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días, co fin de que durante este -que empezará a contarse desde o día seguinte ao da publicación deste edicto- poidan examinar o expediente no Servizo de Licenzas as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Lugo, 18 de maio de 2009.

María Novo Pena

Delegada da Área de Urbanismo