DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 16 de xuño de 2009 Páx. 10.426

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CURTIS

ANUNCIO.

Solicítase a tramitación da avaliación de incidencia ambiental por Alcongal Logística, S.L. para desenvolver a actividade de centro loxístico de distribución de materiais de construción, no polígono industrial de Curtis-Teixeiro, parcela H-5.

Conforme o Decreto 133/2008, do 12 de xuño, sométese a información pública por un período de 20 días que comezará a contar desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

Curtis, 23 de maio de 2009.

Javier Francisco Caínzos Vázquez

Alcalde