DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 16 de xuño de 2009 Páx. 10.425

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO de procedemento (referencia

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Subministracións. b) Número de expediente: S-18/2009.

2. Obxecto do contrato: deseño museográfico e subministración de módulos exposición El asombro de Mr. Darwin. Prazo de entrega: fixarano os licitadores na súa oferta, sen que en ningún caso poida ser superior a dous meses e medio desde o asinamento do contrato.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto con diversos criterios de adxudicación.

4. Orzamento base de licitación: 176.768,53 euros, IVE incluído.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención de documentos: www.coruna.es. Perfil do contratante. Información: a) Teléfono: 981 18 42 19. b) Fax: 981 18 42 71. c) Correo electrónico: suministros@coruna.es e licitaciones@coruna.es.

7. Requisitos específicos do contratista: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de proposicións: a) Prazo: quince días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, e rematará ás 13.00 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ao día hábil seguinte. b) Documentación que hai que presentar: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: rexistro xeral de entrada. d) Admisión de variantes: si.

9. Apertura das proposicións económicas: publicarase o lugar, a data e a hora no perfil do contratante.

10. Outras informacións: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

A Coruña, 4 de xuño de 2009.

José Federico Nogueira Fernández

Tenente alcalde de Contratación