DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 16 de xuño de 2009 Páx. 10.424

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARZÚA

ANUNCIO.

Aprobada inicialmente polo Pleno do Concello, na sesión do 13 de maio de 2009, a modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal, redactada por Estudio Técnico Gallego, S.A., a través do arquitecto sr. López Yáñez, con data de febreiro de 2009, co obxecto de modificar o artigo 8.7º.4 Ordenanzas de aplicación, correspondente ao capítulo 7, zona 6ª industrial, do título VIII Condicións particulares da edificación en solo urbano. Ordenanzas, de maneira que a altura máxima permitida de cornixa (prevista en 7 metros) para os paramentos verticais que conforman a edificación, pase a 9 metros; e a altura máxima permitida de cuberta (prevista en 9 metros) para calquera elemento da edificación, pase a 11 metros.

Co fin de dar cumprimento á previsión contida no artigo 85.2º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese o expediente a información pública, polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da última inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nos xornais La Voz de Galicia e El Correo Gallego. Durante este período de tempo poderá ser examinado e deducirse as alegacións pertinentes.

Aínda que o devandito acordo de aprobación inicial, conforme o artigo 77.2º da mesma lei, determinaría por si só a suspensión do procedemento de outorgamento de licenzas no ámbito territorial comprendido pola área afectada pola referida modificación, cuxas novas determinacións supoñen a modificación da ordenación urbanística vixente, como resulta que son máis restritivas as determinacións urbanísticas modificadas (contidas no plan xeral) que as aprobadas polo citado acordo plenario, concrétase no dito acordo que as licenzas poderán seguir outorgándose con base no plan xeral vixente ata que entre vigor a súa modificación.

Para efectos informativos concrétase que a área afectada pola modificación puntual sería a referida tanto á primeira como á segunda fase do parque empresarial de Arzúa, que está delimitada da seguinte forma:

Ao norte: co solo urbanizable non delimitado de uso industrial (01).

Ao sur: parte co solo urbanizable delimitado de uso industrial (S-11) e parte coa estrada nacional 547.

Ao leste: coa estrada provincial 0604.

Ao oeste: co solo urbanizable delimitado de uso industrial S-11.

Arzúa, 22 de maio de 2009.

Xaquín García Couso

Alcalde