Por esta cédula, e debido a que os debedores comprendidos na relación que a continuación se insire non puideron ser atopados nos enderezos que figuran nos rexistros deste centro, ou a que se alegaron distintos motivos para non recibir as notificacións as persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícase que:
Deberán ingresar o importe da débeda na conta bancaria 00460014300000102300 do Banco Gallego (oficina principal) nos prazos que se sinalan no artigo 62 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.
Transcorrido o prazo indicado no citado artigo sen que se producise o cobramento, iniciarase o período executivo.
Contra esta liquidación poderase interpoñer no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao desta notificación, recurso potestativo de reposición ante o órgano emisor ou, no mesmo prazo, reclamación económico-administrativa ante a Xunta Superior de Facenda (Xunta de Galicia).
Para que conste, sirva de notificación ao interesado e en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, expido, asino e selo esta cédula.
Lugo, 11 de maio de 2009.
Francisco Manuel Martínez Otero
Director xerente do Complexo Hospitalario
Xeral Calde de Lugo
Ver referencia pdf "11600D072P075.PDF"