DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 16 de xuño de 2009 Páx. 10.422

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2009, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto polo Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CC.OO.).

Na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia tramítase o recurso 97/2009 in (procedemento ordinario), interposto polo Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CC.OO.), contra a Orde do 16 de setembro de 2008, da Consellería de Sanidade, sobre procedemento de adaptación de postos e condicións de traballo por razóns de protección da saúde e da maternidade en institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2009.

Esperanza Fernández Lago

Directora de Recursos Humanos