DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 16 de xuño de 2009 Páx. 10.420

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

PARLAMENTO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2009 pola que se anuncia a licitación da contratación administrativa para a prestación, mediante procedemento aberto, dos servizos de axardinamento nas edificacións e instalacións titularidade do Parlamento de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 126 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, publícase o seguinte anuncio de licitación da contratación administrativa para a prestación, mediante procedemento aberto, dos servizos de axardinamento nas edificacións e instalacións titularidade do Parlamento de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Parlamento de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Humanos e Réxime Interior do Parlamento de Galicia.

c) Número de expediente: SRI-PA-4/2009.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: contratación administrativa para a prestación, mediante procedemento aberto, dos servizos de axardinamento nas edificacións e instalacións titularidade do Parlamento de Galicia.

b) Descrición por lotes e número: non hai división en lotes.

c) Lugar de execución: Parlamento de Galicia.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento máximo de licitación do contrato: orzamento anual: 92.383,84 €; IVE: 14.781,41 €; total anual: 107.165,25 €; total valor estimado do contrato: 184.767,68 € (sen IVE).

5. Garantías.

a) Provisional: non se esxixe.

b) Definitiva: 5 % do prezo de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Parlamento de Galicia (dispoñible no BOPG nº 29, do 9 de xuño de 2009, e na páxina www.parlamentodegalicia.es).

b) Enderezo: r/ Hórreo, 63.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15701.

d) Teléfono: 981 55 13 00.

e) Telefax: 981 55 14 09.

f) Data límite de obtención de documentos e información: oito (8) días naturais a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

7. Requisitos específicos do contratista.

Poderán presentar a súa oferta todos os contratistas que cumpran o disposto nas cláusulas quinta e sexta do prego de cláusulas administrativas particulares, e as correspondentes do prego de prescricións técnicas.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: oito (8) días naturais a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG. Se o último día da presentación fose un día festivo, ampliarase o prazo ata o día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a citada nos pregos de cláusulas administrativas particulares (dispoñible no BOPG nº 29, do 9 de xuño de 2009, e na páxina www.parlamentodegalicia.es).

c) Lugar de presentación: Rexistro do Parlamento de Galicia.

1ª Entidade: Parlamento de Galicia.

2ª Enderezo: r/ Hórreo, 63.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15701.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: ata tres meses contados desde a presentación.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Parlamento de Galicia.

b) Enderezo: r/ Hórreo, 63.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: en sesión pública, o décimo segundo día hábil seguinte ao de remate do prazo para a presentación de ofertas; de coincidir en sábado, o primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: ás 12.00 horas.

10. Outras informacións: nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas depositados no Rexistro Xeral do Parlamento e publicados no BOPG nº 29, do 9 de xuño de 2009.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2009.

Pilar Rojo Noguera

Presidenta do Parlamento de Galicia