DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 16 de xuño de 2009 Páx. 10.419

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DO MAR

CÉDULA do 22 de maio de 2009, do Departamento Territorial de Vigo, pola que se fai pública unha notificación de resolución de recurso de alzada do expediente sancionador PESAN1 2007/000853-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a resolución do recursos de alzada do expediente instruído por infracción da Lei 8/2004, do 30 de xullo, de protección, control, infraccións e sancións en materia marítimo-pesqueira de Galicia (DOG nº 162, do 20 de agosto).

O interesado dispón dun prazo de dez días, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto, para examinar o expediente e interpoñer, dentro do prazo que en cada caso se estableza, o recurso pertinente.

O expediente relacionado a seguir atópase á disposición do interesado no citado Departamento Territorial de Vigo; r/ Concepción Arenal, 8-5ª planta.

Nº de expediente: PESAN1 2007/000853-5.

Denunciado: Fabián Devesa Otero.

DNI: 35455502-J.

Enderezo: Meloxo, 63, O Grove (Pontevedra).

Precepto infrinxido: 11.2º.

Sanción: 650 euros.

Resolución: desestimatoria confirmando a resolución impugnada.

De conformidade co previsto na orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG nº 235, do 5 de decembro), o importe da devandita sanción deberá ser aboado nos prazos que establece o Regulamento xeral de recadación, ou en caso contrario procederase, sen máis trámite, ao seu cobramento pola vía de constrinximento regulamentaria. Para o pagamento en período voluntario o interesado deberá recoller no antedito departamento territorial da Consellería do Mar o documento de ingreso correspondente.

Vigo, 22 de maio de 2009.

Mª Isabel da Riba Casaux

Xefa territorial de Vigo