Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea Rucha e da concesión administrativa que o ampara, resulta:
a) Antecedentes de feito.
Primeiro.-Mediante escrito do 14-5-2009, Serafín Galbán Caamaño, en nome e representación de Mexiloeiras Galbán Caamaño, S.L., solicitou autorización para a transmisión da concesión da batea Rucha.
Segundo.-O interesado achegou a documentación requirida para a transmisión.
Terceiro.-O informe do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características da batea é favorable.
b) Fundamentos xurídicos.
Primeiro.-Este órgano é competente para resolver o expediente, de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e coa Orde do 8 de maio de 2009, de delegación de competencias nos xefes dos departamentos territoriais da Consellería do Mar.
Segundo.-O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños en augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.
Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería
RESOLVE:
Autorizar a transmisión inter vivos a favor de Serafín Galbán Caamaño e Carmen Teijeiro Ramos (DNI/NIF 35367444-E, 33076058-B), 100% gananciais, da concesión que se indica a continuación:
Identificación:
Tipo: batea.
Nome: Rucha.
Situación:
Cuadrícula nº: 17.
Polígono: E.
Distrito: Caramiñal (A Coruña).
Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Título habilitante: concesión.
Orde de outorgamento: 18-8-1971.
Remate da vixencia: 28-9-2011.
Actual titular: Mexiloeiras Galbán Caamaño, S.L. (B-15385040).
Novos titulares: Serafín Galbán Caamaño e Carmen Teijeiro Ramos (DNI/NIF 35367444-E, 33076058-B).
Baixo as seguintes condicións:
Primeira.-O actual titular deberá presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:
a) Documento notarial da transmisión ou doazón.
b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.
Segunda.-Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter achegado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.
Terceira.-Os novos titulares da concesión quedan subrogados nos dereitos e obrigas dos anteriores, desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
A Coruña, 22 de maio de 2009.
P.D. (Orde 8-5-2009; DOG nº 92, do 13-5-2009)
Amaia Sarratea Andueza
Xefa do Departamento Territorial da Coruña