DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 16 de xuño de 2009 Páx. 10.417

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DO MAR

ORDE do 18 de maio de 2009 pola que se autoriza a transmisión mortis causa da concesión das bateas Hermo I, P.G. e Romero II.

Vistos os expedientes instruídos para os efectos de transmisión das bateas Hermo I, P.G. e Romero II e da concesión administrativa que o ampara, resulta:

a) Antecedentes de feito.

Primeiro.-Mediante escrito do 15-4-2009, Deogracias Muñiz Piñeiro solicitou autorización para a transmisión da concesión das bateas Hermo I, P.G. e Romero II.

Segundo.-A interesada achegou a documentación requirida para a tramitación.

Terceiro.-O informe do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características das bateas é favorable.

b) Fundamentos xurídicos.

Primeiro.-Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e coa Orde do 8 de mario de 2009, de delegación de competencias nos xefes dos departamentos territoriais da Consellería do Mar.

Segundo.-O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999, pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería

RESOLVE:

Autorizar a transmisión mortis causa, a favor de Deogracias Muñiz Piñeiro (32534538-A) 3/6 privativo e 100% do usufruto, Deogracias Muñiz García (78780456-M) 1/6 privativo, José Muñiz García (52452596-S) 1/6 privativo e Purificación Muñiz García (52452597-Q) 1/6 privativo, das concesión que se indica a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Hermo I.

Localización:

Cuadrícula nº: 62.

Polígono: B.

Distrito: Ribeira (A Coruña).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde de outorgamento: 11-6-1974 (BOE/DOG nº 183, do 1 de agosto).

Remate da vixencia: 8-8-2014.

Actuais titulares: Deogracias Muñiz Piñeiro e Purificación García Saavedra (32534538-A e 33114053-X) 100% gananciais.

Novos titulares: Deogracias Muñiz Piñeiro (32534538-A) 3/6 privativo e 100% do usufruto, Deogracias Muñiz García (78780456-M) 1/6 privativo, José Muñiz García (52452596-S) 1/6 privativo e Purificación Muñiz García (52452597-Q) 1/6 privativo.

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: P.G.

Localización:

Cuadrícula nº: 48.

Polígono: B.

Distrito: Ribeira (A Coruña).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde de outorgamento: 4-5-1994 (BOE/DOG nº 124, do 29 de xuño).

Remate da vixencia: 29-6-2014.

Antigos titulares: Deogracias Muñiz Piñeiro e Purificación García Saavedra (32534538-A e 33114053-X) 100% ganaciais.

Novos titulares: Deogracias Muñiz Piñeiro (32534538-A) 3/6 privativo e 100% do usufruto, Deogracias Muñiz García (78780456-M) 1/6 privativo, José Muñiz García (52452596-S) 1/6 privativo e Purificación Muñiz García (52452597-Q) 1/6 privativo.

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Romero II.

Localización:

Cuadrícula nº: 164.

Polígono: H.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde de outorgamento: 5-12-1978 (BOE/DOG nº 40, do 2 de marzo).

Remate da vixencia: 2-3-2019.

Actuais titulares: Deogracias Muñiz Piñeiro e Purificación García Saavedra (32534538-A e 33114053-X) 100% gananciais.

Novos titulares: Deogracias Muñiz Piñeiro (32534538-A) 3/6 privativo e 100% do usufruto, Deogracias Muñiz García (78780456-M) 1/6 privativo, José Muñiz García (52452596-S) 1/6 privativo e Purificación Muñiz García (52452597-Q) 1/6 privativo.

Os novos titulares da concesión subróganse nos dereitos e obrigas dos anteriores.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 18 de maio de 2009.

P.D. (Orde 8-5-2009; DOG nº 92, do 13-5-2009)

Amaia Sarratea Andueza

Xefa do Departamento Territorial da Coruña