DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 16 de xuño de 2009 Páx. 10.416

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ANUNCIO do 22 de maio de 2009, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente 06/105/15063/01.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sobre a notificación dos interesados nun procedemento administrativo cando sexan descoñecidos, emprázase o propietario da parcela sinalada no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo do Departamento Territorial do Medio Rural sita na praza de Luís Seoane s/n, edificio administrativo Monelos-3º andar, ala sur (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

A Coruña, 22 de maio de 2009.

Mario Bernardo Lage Muiño

Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: 06/105/15063/01.

Denunciado: propietario da parcela 5.026 do polígono 508 do concello de Oza dos Ríos.

Acto de notificación: requirimento de obriga de xestionar a biomasa da parcela indicada (artigos 21.1º b) e 22.2º da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia).