DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 16 de xuño de 2009 Páx. 10.415

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ANUNCIO do 22 de maio de 2009, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente INC-CO-0089-2007 IUL e outro máis.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo do Departamento Territorial do Medio Rural sita na praza de Luís Seoane, s/n, edificio administrativo Monelos-3º andar, ala sur (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

A Coruña, 22 de maio de 2009.

Mario Bernardo Lage Muiño

Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: INC-CO-0089-2007 IUL.

Denunciado: José Enrique Pedreira Pedreira.

Acto de notificación: apercibimento previo á imposición de multas coercitivas por non cumprir as medidas de restauración.

Expediente: INC-CO-0004-2008 BIO.

Denunciado: José Enrique Pedreira Pedreira.

Acto de notificación: apercibimento previo á imposición de multas coercitivas por non cumprir as medidas de restauración.