DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 16 de xuño de 2009 Páx. 10.415

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ANUNCIO do 19 de maio de 2009, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente PAD 2009/018-LU.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedimento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentenda a notificación persoal dúas veces, emprázase ao interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo delegado provincial en Lugo da extinta Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da notificación deste anuncio na sede do Departamento Territorial de Medio Rural, sita na rolda da Muralla nº 70-baixo 1º de Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Lugo, 19 de maio de 2009.

Ramón Carballo Paez

Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: PAD 2009/018-LU.

Interesado: Fernando Tomé Castedo.

Acto notificado: acordo de incoación de expediente sancionador.