DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 16 de xuño de 2009 Páx. 10.414

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2009 pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto e tramitación urxente, da subministración de 180.000 tiras de produtos para prevención e control da varroase nas abellas. (Expediente 28/2009).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxeto: subministración de 180.000 tiras de produtos para prevención e control da varroase nas abellas (expediente 28/2009).

b) División por lotes e número: non.

c) Lugar de execución: o que se especifique no prego de prescricións técnicas.

d) Prazo de execución: o que se especifique no prego de cláusulas administrativas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación.

a) Valor estimado: 540.000 €.

b) IVE: 37.800 €.

c) Orzamento total: 577.800 €.

5. Garantías.

Provisional: non se esixe a súa constitución de acordo co artigo 91 da LCSP.

Definitiva: o 5% do orzamento base de licitación (28.890 €).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral.

b) Domicilio: edificio administrativo de San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 57 48-54 57 33.

e) Telefax: 981 54 57 92.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, desde as 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo: www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=12247.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará o día 20 de xullo de 2009, ás 14.00 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: a Oficina de Rexistro Único e Información (edificio administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) ou ben por correo dentro do prazo de admisión sinalado, conforme o disposto no artigo 80 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas. A presentación das proposicións en lugar distinto do sinalado será causa de rexeitamento ou exclusión.

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

8. Posibilidade de variantes: non se admiten variantes.

9. Apertura das ofertas económicas.

a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería do Medio Rural.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela, 15781.

d) Data: terá lugar en acto público, na sala de xuntas da Consellería do Medio Rural, o día 7 de agosto de 2009.

e) Hora: ás 13.00 horas.

10. Gastos de anuncios: o importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 9 de xuño de 2009.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2009.

P.D. (Orde 24-4-2009)

Jorge Atán Castro

Secretario xeral da Consellería do Medio Rural