DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 16 de xuño de 2009 Páx. 10.414

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 2009, do Servizo de Infraestruturas e Estruturas Agrarias de Ourense, pola que se notifica un trámite de audiencia da zona de concentración parcelaria de Campo Redondo (Ribadavia-Ourense), devolto polo servizo de correos.

Por esta resolución e en cumprimento do establecido no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro e, por ser devolta polo servizo de correos, notifícaselle ao interesado cuxos datos persoais e último domicilio coñecido figuran no anexo, o trámite de audiencia realizado, en relación coa proposta de modificación para a corrección do erro na demarcación do linde entre as parroquias de Esposende e Campo Redondo da zona de concentración parcelaria de Campo Redondo (Ribadavia-Ourense), cuxa proposta de modificación o afecta e foi devolta polo servizo de correos.

Ourense, 18 de maio de 2009.

Elvira Gamarra Mondelo

Xefa do Servizo de Infraestruturas e Estruturas Agrarias de Ourense

ANEXO

Destinatario: Gonzalo Vidal Arrojo.

Enderezo: Vigo-Pontevedra.

Acto notificado:

Como consecuencia da corrección do erro detectado na demarcación do linde entre as parroquias de Esposende e Campo Redondo da concentración parcelaria de Campo Redondo (Ribadavia-Ourense), ponse en coñecemento da persoa mencionada que se propuxo a modificación que se cita e que lle interesa.

Durante o prazo de 10 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da data de recepción desta notificación, poderá alegar todo canto considere conveniente. En caso de non recibir contestación, entenderase a súa completa conformidade coa modificación proposta, que non será efectiva ata que reciba a correspondente notificación da resolución da proposta de modificación.

O expediente estará á súa disposición durante o dito prazo nas oficinas do Servizo de Infraestruturas e Estruturas Agrarias, do Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural (rúa Florentino L. Cuevillas, 4-6 baixo) en Ourense. Teléfono: 988 38 64 88.

Modificación proposta:

Modificar a configuración do predio 524 segundo plano da proposta, que queda coa mesma superficie e valor en puntos.