DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 16 de xuño de 2009 Páx. 10.413

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

ANUNCIO do 28 de xaneiro de 2009, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de reclasificación do recurso da sección A) á sección C) da explotación mineira canteira Forgoselo 58.

A Delegación Provincial da Consellería de Innovación e Industria da Coruña fai saber que a sociedade Áridos de Forgoselo, S.L. solicitou a reclasificación do recurso da sección A) á sección C) da explotación mineira Forgoselo nº 58, sita no concello das Pontes na provincia da Coruña.

O que se fai público, de acordo co disposto no artigo 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para que calquera que se considere interesado faga as alegacións que estimen axeitadas no prazo de vinte días hábiles, contados a partir do día seguinte a publicación deste anuncio.

A Coruña, 28 de xaneiro de 2009.

José Luis Barcia Picos

Delegado provincial da Coruña