DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 16 de xuño de 2009 Páx. 10.413

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2009 pola que se fai pública a adxudicación do concurso público, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación dunha póliza de responsabilidade civil e de accidentes corporais para dar cobertura á actividade levada a cabo polo alumnado de formación profesional na realización de prácticas en empresas. (Expediente SXEEFP 01/09).

Por Resolución do 6 de marzo de 2009 (DOG do 12 de marzo) anunciouse, polo sistema de concurso público, procedemento aberto e tramitación ordinaria, a contratación dunha póliza de responsabilidade civil e de accidentes corporais para dar cobertura á actividade levada a cabo polo alumnado de formación profesional na realización de prácticas en empresas.

Cumpridos os trámites que en materia de contratación prevé a vixente Lei de contratos do sector público, así como os requisitos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares e demais lexislación vixente, e con base na proposta formulada pola mesa de contratación reunida o día 7 de abril de 2009,

RESOLVO:

Adxudicar o concurso convocado pola Resolución do 6 de marzo de 2009 a:

Allianz, Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A., CIF: A28007748.

Importe: 119.704,58 €.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2009.

P.D. (Orde 26-8-2005)

José Luis Vázquez Fernández

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria