Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.
Denominación: L.M.T.S., C.T. nacional Vigo.
Situación: concello de Ourense.
Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV de 35 m, con condutor R.H.Z.1 e orixe na L.M.T. dobre circuíto ao C.T. Barbantiño (Castrelo 801), e remate no C.T. proxectado en caseta nacional Vigo de 160 kVA e R/T 20.000/400-230 V. Orzamento: 27.976,29 euros.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo II do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, este departamento territorial resolve:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada perante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
Ourense, 20 de maio de 2009.
Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense