DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 16 de xuño de 2009 Páx. 10.406

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2009, do Departamento Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 08/176-2, 7369 A.T.).

Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Caraina Inversiones, S.L. e Grupo Porta Faxeira.

Domicilio social: lg. Os Vilares-Chousa Grande, 27300 Guitiriz.

Denominación: L.M.T.S., C.T., R.B.T.S. r/ Xeneral Franco, 81-83.

Situación: concello de Guitiriz.

Características técnicas:

-L.M.T.S. soterrada a 20 kV, con orixe nunha cela de liña existente no C.T. r/ Concello e final nunha cela de liña no centro de transformación r/ Xeneral Franco, 81-83, en condutor tipo R.H.Z.-240, cunha lonxitude de 283 metros.

-C.T. r/ Xeneral Franco, 81-83, en edificio non prefabricado, cunha potencia de 630 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

-R.B.T.S. con orixe no C.T. proxectado e final no edificio situado na rúa do Concello, 66, en condutor tipo R.V. cunha lonxitude de 87 metros. A acometida para o edificio r/ Xeneral Franco, 81-83 realízase desde o cadro de baixa tensión do C.T. proxectado.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, este departamento territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 12 de maio de 2009.

José Luis Somoza Digón

Xefe territorial de Lugo