DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 16 de xuño de 2009 Páx. 10.406

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 2009, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental e o plan de restauración do proxecto de autorización de explotación de recursos da sección A) Arián II 371, da provincia de Ourense, e promovido por Áridos Antelanos, S.L.

O artigo 5.2º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia (DOG número 188, do 25 de setembro), dispón que os estudos de impacto ambiental se someterán ao trámite de información pública, durante trinta días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude,

RESOLVO:

Someter a información pública, por un prazo de trinta días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución, o estudo de impacto ambiental e o plan de restauración do proxecto da autorización de explotación de recursos da sección A) Arián II nº 371, situado en terreos do concello de Vilar de Santos, provincia de Ourense, e solicitado por Áridos Antelanos, S.L.

Para os efectos informativos porase á disposición dos administrados que a soliciten a documentación correspondente ao proxecto para consulta nas oficinas da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, así como nas dependencias da Delegación Provincial da Consellería de Economía e Industria en Ourense, e as posibles alegacións presentaranse durante o prazo sinalado, dirixidas ao director xeral de Industria, Enerxía e Minas, en calquera das oficinas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 2009.

Ángel Bernardo Tahoces

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas