DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 16 de xuño de 2009 Páx. 10.405

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

ACORDO do 3 de xuño de 2009, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública a petición de autorización e a aprobación do proxecto de execución de planta solar fotovoltaica en Vilar de Barrio (Ourense). (Expediente IN408A 08/23).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da seguinte instalación eléctrica:

Solicitante: Claudio Román Fernández; DNI 34916234-A.

Domicilio: rúa Curros Enríquez nº 33-6º D, 32004 Ourense.

Denominación: instalación solar fotovoltaica de 60 kW. Conexión a rede. Centro de transformación.

Situación: Touza dos Bidos-Vilar de Barrio; referencia catastral: pol. 500, parcelas 50-51. Sobre cuberta de explotación avícola.

Características técnicas:

-Instalación solar fotovoltaica de 60 kW de potencia nominal (71,52 kWp), con 400 módulos Kaneka-K60 de 60 Wp/u e 288 módulos Solarworld-SW165mono de 165 Wp/u; 12 inversores de 5 kW de potencia nominal por unidade, modelo Fronius IG-60 HV; equipamentos de protección e medida en baixa tensión.

-Centro de transformación de 100 kVA e R/T 0,230/20 kV.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións dirixidas a este organismo, no prazo de vinte días a partir da súa publicación.

Ourense, 3 de xuño de 2009.

Gabriel Diéguez Domínguez

Xefe territorial de Ourense