DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 16 de xuño de 2009 Páx. 10.404

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

ACORDO do 21 de maio de 2009, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública a petición do dereito mineiro que se cita (5.180 Penela), sito no concello de Maside (Ourense).

Para os efectos previstos no artigo 21 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia, e o artigo 70.2º del Regulamento xeral para o réxime da minaría do 25 de agosto de 1978, sométese a información pública a petición do dereito mineiro que se cita:

Número: 5.180.

Nome: Penela.

Tipo de dereito: permiso de investigación.

Peticionario: David Fernández Grande Investroc, S.L.

Domicilio: Pontevedra, 4-4º, 36201 Vigo (Pontevedra).

Fecha solicitude: 3 de abril de 2009.

Cuadrículas: 15.

Recursos: granito ornamental.

Termos municipais: Maside.

Designación:

Ver referencia pdf "11600D034P056.PDF"

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións neste departamento territorial, (rúa Curros Enriquez, 1-4º, 32003 Ourense), no prazo de trinta días.

Ourense, 21 de maio de 2009.

Gabriel Diéguez Domínguez

Xefe territorial de Ourense