DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 16 de xuño de 2009 Páx. 10.404

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

CÉDULA do 7 de maio de 2009, do Servizo Provincial de Transportes da Coruña, pola que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar. (Expediente XC-00380-O-2009 e tres máis).

Por medio desta cédula notifícanselles aos denunciados, cuxos datos e último enderezo coñecido se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras ditadas polo delegado provincial da CPTOPT da Coruña, ditadas nos expedientes sancionadores que se citan no anexo.

Fáiselles saber que as ditas resolucións non esgotan a vía administrativa e poderán interpoñer recurso de alzada ante a directora xeral de Transportes dentro do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorridos tres meses desde a interposición de recurso sen que se notifique a súa resolución, entenderase desestimado e quedará expedita a vía procedente.

En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa no prazo de 15 días hábiles, mediante ingreso que se debe efectuar en calquera oficina do BBVA, transacción 1316, NIF S1511001H, clave 390002 e, de non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

Para que conste, lles sirva de notificación aos citados denunciados e en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña, 7 de maio de 2009.

Camino Triguero Salas

Xefa do Servizo Provincial de Transportes

da Coruña

Ver referencia pdf "11600D034P056.PDF"