DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 16 de xuño de 2009 Páx. 10.402

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

CÉDULA do 6 de maio de 2009, do Servizo Provincial de Transportes da Coruña, pola que se notifican as denuncias por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar. (Expediente XC-00238-O-2009 e dezasete máis).

Por medio desta cédula notifícanselles aos denunciados, cuxos datos e último enderezo coñecido se sinalan no anexo, as denuncias que se formularon contra eles. Por este motivo iniciáronse, cos números que se indican, os correspondentes expedientes sancionadores que poden dar lugar ás sancións que tamén se citan.

Fáiselles saber o dereito que os asiste de alegar por escrito perante este Servizo Provincial de Transportes da Coruña o que consideren conveniente, achegando ou propoñendo as probas que coiden oportunas dentro dos quince días hábiles seguintes ao da publicación desta cédula.

Para que conste, lles sirva de notificación aos citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña, 6 de maio de 2009.

Camino Triguero Salas

Instrutora xefa do Servizo Provincial de Transportes

da Coruña

Ver referencia pdf "11600D031P053.PDF"