DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 16 de xuño de 2009 Páx. 10.400

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2009, da Secretaría Xeral da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se anuncia a licitación, por procedemento aberto, para a contratación dun servizo de prevención alleo para a seguridade no traballo e vixilancia da saúde na Administración xeral da Xunta de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Número do expediente: SXEA2009/02.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servizo de prevención alleo para a seguridade no traballo e vixilancia da saúde na Administración xeral da Xunta de Galicia.

b) División por lotes e número: non leva.

c) Lugar de execución: Comunidade Autónoma de Galicia.

d) Prazo de execución: un ano, desde o día seguinte ao da formalización do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: oferta economicamente máis vantaxosa (multicriterio).

4. Orzamento base da licitación: 1.131.440,96 € (IVE 58.203,04 €). Total: 1.189.644 €.

5. Garantías.

5.1. Provisional: 33.943,22 €

5.2. Definitiva: 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Subdirección Xeral de Contratación.

b) Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 1.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfonos: 981 54 42 60; 981 54 42 58.

e) Telefax: 981 54 42 39.

f) Data límite de obtención de documentos e información: 29-6-2009.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: grupo N; subgrupo 1; categoría D.

8. Presentación das ofertas.

a) Prazo de presentación das ofertas: 1-7-2009.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas, debe figurar no exterior dos sobres o CIF do licitador.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: Rexistro Único.

2. Domicilio: complexo administrativo San Caetano.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax o mesmo día. O número de fax é o indicado no punto 6 e) deste anuncio.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade e lugar: Subdirección Xeral de Contratación.

b) Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 1, 2º andar.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: 13-7-2009.

e) Hora: 11.00 horas.

10. Gastos do anuncio: serán por conta do adxudicatario (900 €, aproximadamente).

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de las Comunidades Europeas: non procede.

12. Así mesmo, tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: http://www.xunta.es/contratacion.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2009.

Beatriz Cuiña Barja

Secretaria xeral da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza