DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 16 de xuño de 2009 Páx. 10.399

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2009, do Departamento Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador por infracción en materia de xogo P-143/08.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle á persoa que a seguir se relaciona, á quen non se lle puido facer por correo certificado, a proposta de resolución ditada no expediente de sanción, por infracción en materia de xogo.

Nome: Recreativos Enxebres, S.L.

DNI/CIF: B-32210445.

Número de expediente: P-143/08.

Precepto infrinxido: artigo 28 a) da Lei 14/1985, do 23 de outubro, modificada pola Lei 7/1991, do 19 de xuño, e pola Lei 3/2002, do 29 de abril, e sancionable polo artigo 31 da mesma lei.

Último domicilio: lg. A Valenzá, 109, 32890 Barbadás (Ourense).

Sanción proposta: 18.000,01 euros.

O interesado disporá, de acordo co artigo 19 do Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta notificación, para poder examinar o expediente no Servizo de Interior e Administración Local desta delegación territorial, e poderá achegar cantas alegacións, documentos, informacións ou probas considere convenientes en defensa dos seus dereitos.

Pontevedra, 22 de maio de 2009.

José Antonio González Álvarez

Xefe territorial de Pontevedra