DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 16 de xuño de 2009 Páx. 10.399

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentenza (125/2009).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social nº 3 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 125/2009, por instancia de Helena Brage Porral e outros, contra Consultores Edificación e Industria, S.L., sobre despedimento, en que recaeu sentenza en data 12 de maio de 2009 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Que, estimando a demanda formulada por Helena Brage Porral, Beatriz Matos Varela e Borja Garea Otero, declaro a improcedencia do seu despedimento e, ao estar a empresa pechada e sen posibilidade de readmisión, declaro a extinción dos seus contratos de traballo na data da presente resolución, condenando a empresa Consultores Edificación e Industria, S.L. a indemnizalos coas cantidades seguintes:

Indemnización Salarios

Helena Brage Porral 8.854,50 € 10.237,50 €

Beatriz Matos Varela 41.387,50 € 7.009,37 €

Borja Garea Otero 12.565,99 € 6.425,29 €

A demandada poderá descontar dos salarios de tramitación as cantidades percibidas polas demandantes no seu novo traballo, logo de acreditación.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anunciaro previamente ante este Xulgado do Social no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte ao da súa notificación.

Prevense á empresa demandada de que, para recorrer, deberá acreditar o ingreso na c/c de consignacións, código 1533 0000 60 125 09, de Banesto (0030) desta cidade, denominada Conta do Xulgado do Social número tres, o importe da condena e 150,25 euros en concepto de depósito, requisitos sen os cales non será admitido a trámite o recurso quedando firme a sentenza.

Así, por esta miña sentenza, da que se unirá certificación aos autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Consultores Edificación e Industria, S.L., expido e asino esta cédula o 15 de maio de 2009.

Juan Rey Pita

Secretario xudicial