DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 16 de xuño de 2009 Páx. 10.398

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentenza (1145/2008).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 1145/2008 por instancia de Jesús Suárez Espasandín contra Aucerve, S.L. sobre despedimento, en que recaeu sentenza con data do 13 de maio de 2009 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Que, estimando a demanda formulada por Jesús Suárez Espasandín declaro a improcedencia do seu despedimento e condeno a empresa Aucerve, S.L. a que, á súa elección, que debe efectuar no prazo de cinco días, o readmita no seu posto e condicións de traballo ou o indemnice coa cantidade de 1.417,80 euros, así como a aboar, en concepto de salarios de tramitación ata a notificación da sentenza e que o día da data ascenden a cantidade de 7.573,10 euros.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este xulgado do social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte ao da súa notificación.

Prevense a empresa demandada de que para recorrer deberá acreditar o ingreso na c/c de consignacións, código 1533 0000 60 1145 08 de Banesto (0030) desta cidade, denominada conta do Xulgado do Social número tres, o importe da condena e 150,25 euros en concepto de depósito, requisitos sen os cales non será admitido a trámite o recurso e quedará firme a sentenza.

Así mesmo, advírtese a parte demandada de que se fai uso de tal dereito, optando pola readmisión, durante a tramitación do procedemento deberá aboar á parte demandante o mesmo salario que percibiría, estando obrigada esta a prestar os seus servizos á demandada, a menos que prefira facer uso de tal aboamento sen percibir ningunha compensación por parte da demandante».

Así, por esta miña sentenza, da que se unirá certificación aos autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma a Aucerve, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña o 15 de maio de 2009.

Juan Rey Pita

Secretario xudicial