DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 16 de xuño de 2009 Páx. 10.398

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentenza (1145/2008).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño: en autos seguidos perante este Xulgado do Social, tramitados baixo o número 1145/2008 por instancia de José Darío Aba García contra a empresa Candaira Coruña IVR, S.L. sobre despedimento, ditouse a seguinte:

«Sentencia.

Na cidade da Coruña o 15 de abril de 2009. Beatriz Seijo Dopico, xuíza substituta do social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo número 1145/2008, seguidos por instancia de José Darío Aba García, con DNI 47389982-T e asistido polo letrado sr. Páramo Sureda, contra a empresa Candaira Coruña IVR, S.L. en situación de rebeldía, sendo o obxecto da reclamación, despedimento.

Seguen feitos e fundamentos de dereito.

Decido que debo estimar e estimo integramente a demanda interposta por José Darío Aba García, con DNI 47389982-T, contra Candaira Coruña IVR, S.L., e cualifico como improcedente o despedimento do 31-10-2008, condenando a demandada a se ater á devandita declaración e a que, no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza, opte entre a readmisión do demandante ou a lle aboar ao demandante a cantidade de 5.190,3 euros; ademais, calquera que sexa o sentido da opción, a demandada terá que lle aboar ao demandante unha cantidade igual á suma dos salarios deixados de percibir, a razón de 57,67 euros/día, desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución. De non optar expresamente, enténdese que o fai pola readmisión.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza e, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anuncialo, entregar o xustificante acreditativo de consignación da cantidade obxecto da condena na conta de «depósitos e consignacións» que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade, co número de conta 0030-6349-0000-1532-60-1145/08.

E así mesmo deberá, no momento de interpor o recurso, consignar a cantidade de 150,25 euros en concepto de depósito na conta 0030-6349-0000-1532-65-1145/08.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación a Candaira Coruña IVR, S.L., que ten o seu enderezo descoñecido, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e coa advertencia de que as seguintes notificacións se farán nos estrados do xulgado, agás as que sexan emprazamentos, autos e sentenzas, expido e asino esta cédula de notificación na Coruña, 22 de maio de 2009.

María Jesús Hernando Arenas

Secretaria xudicial