DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 16 de xuño de 2009 Páx. 10.397

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentenza (1098/2008).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, secretaria-xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño de que en autos seguidos perante este xulgado do social, tramitados baixo o número 1098/2008, por instancia de Miguel Sánchez Gacio, contra a empresa Candaria Coruña IVR, S.L. sobre despedimento, ditouse a seguinte:

«Setencia. Na cidade da Coruña, o dous de abril de dous mil nove. Beatriz Seijo Dopico, xuíza substituta do social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo número 1098/2008, seguidos por instancia de Miguel Sánchez Gacio, con DNI 34262548-T e asistido polo letrado sr. Guemes Abad, contra a empresa Candaira Coruña IVR, S.L. en situación de rebeldía, sendo o obxecto da reclamación, despediemento.

(Seguen feitos e fundamentos de dereito).

Decido que debo estimar e estimo integramente a demanda interposta por Miguel Sánchez Gacio, con DNI 34262548-T, contra Candaira Coruña, IVR, S.L., califico como improcedente o despedimento de 14-11-2008, e condeno a demandada a estar e pasar pola devandita declaración e a que no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza opte entre a readmisión do demandante ou aboar ao demandante a cantidde de 25.221 euros, ademais, calquera que sexa o sentido da opción, a demandada terá que lle aboar ao demandante, unha cantidade igual á suma dos salarios deixados de percibir a razón de 84,70 euros/día, desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución. De no optar expresamente, enténdese que o fai pola readmisión.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza e, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anuncialo, entregar o comprobante de consignación da cantidade obxecto da condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade, co número de conta 0030 6349 0000 1532 60 1098/08.

E, así mesmo, deberá, no momento de interpor o recurso, consignar a cantidade de 150,25 euros en concepto de depósito na conta 0030 6349 0000 1532 65 1098/08.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgado en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación á Candaira Coruña IVR, S.L., que ten o seu enderezo decoñecido, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e coa advertencia de que as seguintes notificacións se farán nas dependencias do xulgado, agás as que sexan emprazamentos, autos e sentenzas, expido e asino esta cédula de notificación na Coruña o 22 de maio de 2009.

María Jesús Hernando Arenas

Secretaria xudicial