DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 16 de xuño de 2009 Páx. 10.396

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentenza (45/2009).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulzgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuña:

En autos seguidos ante este xulgado do social, tramitados baixo o nº 45/2009 por instancia de Alberto Cambeiro Vázquez e outros contra a empresa Tianjin Huayuan European Company, S.L. sobre despedimento, dictouse a seguinte sentenza:

«Na cidade da Coruña, 15 de maio de 2009.

Beatriz Seijo Dopico, maxistrada xuíza do Social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo nº 45/2009, seguidos por instancia de Alberto Cambeiro Vázquez, con DNI 76361158-P, Marcos Vázquez Lago, con DNI 53166808-P e María José López Sande, con DNI 76362905-F, representados e asistidos polo letrado sr. Pedreira Candal, contra a empresa Tianjin Huayuan European Company, S.L., en situación de rebeldía, e contra a administración concursal da devandita empresa, representada pola letrada Concepción Álvarez Rodil, tendo sido citado o Fogasa, non comparecido, sendo o obxecto da reclamación, despedimento.

Seguen feitos e fundamentos de dereito.

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta por Alberto Cambeiro Vázquez, con DNI 76361158-P, Marcos Vázquez Lago, con DNI 53166808-P e María José López Sande, con DNI 76362905-F, contra Tianjin Huayuan European Company, S.L., a a súa administración concursal, e cualifico como improcedentes os despedimentos con data do 1 de decembro de 2008 e declaro extinguida a relación laboral dos demandantes coa demandada, con efectos da data de hoxe, día 15 de maio de 2009, condenando a devandita empresa se ater a esta declaración, e a que lles aboe aos traballadores as seguintes cantidades:

Indemnización Salarios

Cambeiro Vázquez 2.645,17 euros 8.952,90 euros

Vázquez Lado 2.124,03 euros 7.189,05 euros

López Sande 2.070,41 euros 7.007,55 euros

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentencia, e, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anuncialo, entregar o xustificante acreditativo de consignación da cantidade obxecto da condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade, co número de conta 0030-6349-0000-1532-60-45/09.

E así mesmo deberá, no momento de interpoñer o recurso, consignar a cantidade de 150,25 euros en concepto de depósito na conta 0030-6349-0000-1532-65-45/09.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, o pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación a Tianjin Huayuan European Company, S.L., que ten o seu enderezo descoñecido, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e coa advertencia de que as seguintes notificacións se farán nos estrados do xulgado, agás as que sexan emprazamentos, autos e sentenzas, expido e asino esta cédula de notificación na Coruña o 15 de maio de 2009.

María Jesús Hernando Arenas

Secretaria xudicial